Selecciona o teu idioma

A visión de futuro é a nosa filosofía de crecemento

Como empresa de servizos na Coruña non nos conformamos con dar un servizo óptimo aos clientes que confían en nós, senón que nos mantemos en constante evolución e formación para poder adaptarnos ás novas esixencias do mercado e ofrecer un servizo integral; electricidade, porteiros e videoporteiros, control de accesos, automatización do fogar, control horario para empresas, comunicación hospitalaria, megafonía, vehículos eléctricos, telecomunicacións, mantemento de comunidades...

A visión de futuro é a nosa filosofía de crecemento
Ónde ofrecemos os nosos servizos?

Queremos coñecelo e que nos coñeza

Nova Berdía Instalaciones S.L.

A nosa empresa de servizos na Coruña nace co obxectivo de ofrecerlle a cada cliente a solución que necesita. Os técnicos que forman parte do equipo humano de Nova Berdía Instalaciones implícanse ao máximo con cada cliente para poder ofrecerlle a mellor alternativa e así obter a súa máxima satisfacción.

Dende os nosos inicios ata o día de hoxe fomos evolucionando como empresa, polo que, á hora de desempeñar calquera dos nosos servizos, valoramos se son máis adecuadas as técnicas tradicionais ou as máis actuais para asegurar un resultado eficiente e de calidade.

Onde ofrecemos os nosos servizos?

Aínda que as instalacións da nosa empresa están situadas na Coruña, ofrecemos os nosos servizos en toda a provincia. Os nosos técnicos desprázanse alí onde nos demanden os nosos clientes para ofrecerlle os servizos que necesiten.

Como traballamos en Nova Berdía Instalaciones S.L.?

Reunión co cliente

Escoitamos atentamente as necesidades dos nosos clientes para identificar o traballo a realizar e mostrarlle as diferentes alternativas entre as que pode escoller para obter o resultado final que desexan.

Elaboración do orzamento

Tendo en conta o traballo a realizar elaboramos un orzamento totalmente adaptado ás premisas de cada cliente. Aseguramos unha excelente relación calidade-prezo.

Realización do traballo

Unha vez acordado o orzamento co cliente poñémonos mans á obra para desempeñar o traballo solicitado no menor tempo posible e logrando un bo resultado final.

Todo o que lle ofrecemos en Nova Berdía Instalaciones S.L.

Entre os nosos servizos na Coruña pode distinguir entre unha ampla gama de posibilidades; instalacións de videoporteiros, centralización de contadores, detectores de presenza, controis de acceso, sistemas de vixilancia, xestión de sistemas automatizados do fogar e de megafonía, intercomunicacións, servizo de recarga para coches eléctricos, telecomunicacións, mantemento de comunidades...

Ver máis

Todo o que lle ofrecemos en Nova Berdía Instalaciones S.L.
Instalacións de puntos de recarga para coches eléctricos na Coruña

Instalacións de puntos de recarga para coches eléctricos na Coruña

Na actualidade son cada vez máis os usuarios que optan por comprar un vehículo eléctrico, non só polas grandes prestacións que estes ofrecen, senón tamén para axudar a conservar o medio ambiente. En Nova Berdía Instalaciones S.L. estamos especializados na instalación de puntos de recarga para coches eléctricos na Coruña.

Ver máis

Traballamos con marcas de gran prestixio no sector

A combinación da nosa experiencia xunto cos nosos coñecementos permítennos traballar con algunhas das marcas de renome do sector.

Somos servizo de asistencia técnica (S.A.T.)

En que podemos axudarlle?

En que podemos axudarlle?

Os profesionais de Nova Berdía Instalaciones S.L. estamos á súa enteira disposición para resolver calquera dúbida que lle poida xurdir sobre os nosos servizos ou o noso modo de traballo. Póñase en contacto con nós e responderemos calquera pregunta coa máxima profesionalidade e amabilidade.

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.